Onte, domingo 10 de abril, tivo lugar unha nova saída do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, organizado polo Concello coa colaboración do club Btteiros Cova da Serpe, que nesta ocasión percorreu o Camiño Real.
Foi, unha vez máis, un éxito de participación, con ao redor de 50 persoas de todas as idades inscritas.
A próxima saída, a última deste curso, será 29 de maio a Penas de Rodas en Outeiro de Rei. Sempre pode haber algún cambio nas datas debido ás inclemencias meteorolóxicas ou outra causa xustificada, ante calquera dos casos avisarase coa maior antelación posible.
0 Comments
Leave A Comment