• Mostraranse 120 fotografías de temática diversa nas que se poderá gozar e aprender como era a vila chairega no pasado.

A Casa Habanera acollerá a clausura da VI exposición ‘Tal como éramos’ de fotografía antiga de Guitiriz e as súas xentes, o día 30 de abril, as 19:30 horas, na cal realizarase un visionado de todas as fotos expostas, comentado por Manolo “Cachán”.

Esta é a sexta edición organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, que correspondería facer xa no pasado ano, pero que foi adiada por mor da Covid-19.

Como nas anteriores edicións, nesta exposición móstranse 120 fotos en branco e negro e de temática diversa na que as persoas asistentes poderán gozar e aprender como era a vida na vila chairega durante a segunda metade do século pasado.