- Formación en administración de alimentos e tratamentos, atención hixiénico-sanitaria e coidados do ancián.
- Máis información no correo guitiriz@aulamentor.es, no teléfono 982 370 062 ou no edificio do telecentro.
A Aula Mentor do Concello de Guitiriz ofrece cursos en liña dirixidos ao coidado de persoas dependentes. Neste caso as persoas interesadas poderán formarse en administración de alimentos e tratamentos, atención hixiénico-sanitaria e coidados do ancián.
Administración de alimentos e tratamientos a persoas dependentes en domicilio (50 horas).
Curso dirixido ás persoas que desexan aprender sobre a alimentación e a administración de medicamentos a persoas dependentes no seu domicilio. Contén tanto unidades destinadas ao estudo dos sistemas dixestivo, cardiovascular, respiratorio, excretor e endocrino, como aquelas orientadas á planificación do menú da unidade convivencial e ao coñecemento dos medicamentos, as súas formas e vías de administración.
Atención hixiénico-sanitaria de persoas dependentes (70 horas).
Curso dirixido ás persoas empregadas que queiran derivar a súa actividade profesional cara ao ámbito socio-sanitario e especialmente cara ao desenvolvemento de actuacións destinadas ao coidado e a atención a persoas dependentes no seu domicilio. Persoas desempregadas e que queiran dirixir a súa actividade profesional cara ao campo dos coidados domiciliarios. Persoas empregadas ou desempregadas, pero que estean a actuar de coidadores informais e que necesiten ampliar os seus coñecementos relacionados coas persoas maiores, as súas patoloxías, as súas necesidades de atención e apoio bio-psico-social, así como a identificar as súas propias necesidades de autocoidado.
Coidados do ancián (75 horas)
O curso diríxese ás familias que teñen ao seu cargo o coidado dun familiar maior dependente. Así mesmo, o curso diríxese a aquelas persoas que, sen ser coidadores profesionais, ocasionalmente empréganse como coidadoras de persoas maiores.
Máis información no correo electrónico guitiriz@aulamentor.es ou ben no teléfono 982 37 00 62, ou ben na aula CeMIT situada no edificio do Telecentro.
Aula Mentor é un programa de formación en liña non regrada, flexible e con titorización personalizada, dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos cun extenso catálogo de cursos cos que ampliar as súas competencias persoais e mellorar a súa empregabilidade. A iniciativa está promovida polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración con outras institucións públicas e privadas tanto nacionais como internacionais.
0 Comments
Leave A Comment