O domingo, 15 de maio, terá lugar unha nova saída do programa BTTeando por Guitriz (tempada 2021/2022), unha serie de rutas en bici polos sitios máis característicos do concello organizada polo Concello de Guitiriz en colaboración co Club BTTeiros Cova da Serpe.
Nesta ocasión, as persoas que participen poderán gozar da Ruta das Bidueiras, que terá como punto de saída e chegada San Alberte, do que partiremos ás 10:00 horas.
Esta actividade está aberta ao público en xeral (menores de 14 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta)
As persoas interesadas poderán inscribirse presencialmente no Concello, chamando ao 982 370 109 ou nas redes sociais do Club Btteiros Cova da Serpe ata o 13 de maio ás 14:00 horas.
0 Comments
Leave A Comment