A sesión de pleno ordinario do Concello de Guitiriz, correspondente ao mes de setembro, concluíu cos seguintes resultados:

  • Os dous puntos correspondentes á Solicitude de Bonificación ou exención dun Tributo (ICIO) foron aprobados por unanimidade.
  • A modificación orzamentaria de suplemento de crédito 3/2022 recibiu o voto favorable da corporación socialista e a abstención do PP e do BNG.
  • A ratificación do 21 de febreiro e do 24 da xuño como festivos locais do ano 2023 foi aprobada por unanimidade.
  • As mocións presentadas tanto por PP como por BNG sobre a auga do Concello contaron co voto favorable destas mesmas agrupacións e co voto en contra do PSOE.
  • A moción do PP para preservar o Patrimonio foi votada a favor por PP e BNG e en contra polo PSOE.