A iniciativa integra unha serie de rutas en bici que comezarán o vindeiro domingo, 11 de decembro.
Realizarase un percorrido ao mes ata o día 14 de maio de 2023. En todas se disporá dun itinerario alternativo para os nenos e nenas a partir dos sete anos que queiran participar, os cales deberán ir acompañados por unha persoa adulta.
É obrigatorio o uso de casco e levar unha peza de froita (aconsellable plátano) e auga. Pode haber algún cambio nas datas debido ao mal tempo ou algunha outra causa xustificada, casos nos que se avisaría coa maior antelación posible.
Todas as persoas interesadas poden inscribirse no concello ou a través do Club Btteiros Cova da Serpe ata o venres antes de cada ruta.
0 Comments
Leave A Comment