O Concello de Guitiriz aposta outro ano máis, durante a primavera, polo ciclo de actividades ‘Venres de Lecer’, dirixidas á rapazada de entre 3 a 12 anos.
Esta programación cultural e de conciliación constará de 5 actividades ao longo de diferentes venres desta primavera e terán lugar CEIP Lagostelle, en horario vespertino de 16:00 a 17:30 horas nos meses de abril e maio e de 15:15 a 16:45 horas en xuño.
As persoas interesadas poderán inscribirse ata dous días antes de cada actividade a través do formulario dispoñible na web municipal que se poderá entregar de xeito presencial na casa do concello ou vía telemática a través da sede electrónica.
Programación completa
28 de abril: ‘Axudante de medio ambiente’, obradoiro de reciclaxe.
12 de maio: ‘Eu mo guiso, eu mo como’, obradoiro sobre produtos locais.
26 de maio: ‘Telexornal Guitiriz’.
2 de xuño: ‘Que mercamos en Guitiriz’.
9 de xuño: ‘Pasapalabra’.
0 Comments
Leave A Comment