• Olalla participou na categoría infantil coa receita ‘Tartaletas de noces’ e o poema ‘Receita para cociñar en outono en familia’.
• María participou coa receita ‘Agarimo de marmelo aos tres sabores con castañas’ e o poema ‘Raíces’.
• O obxectivo desta actividade é poñer en valor os produtos de outono á vez que se dinamiza a lectura e a escritura.
Olalla Prieto Soto, na categoría infantil (3 a 12 anos), e María García, en categoría adulto (13 a 105), son as persoas gañadoras da cuarta edición da actividade ‘Receitas de outono con poesía’, organizada polo Concello de Guitiriz a través da Biblioteca Pública Municipal ‘Casa Habanera’ xunto co servizo de Educación Familiar.
Olalla Prieto presentou a receita ‘Tartaletas de noces’ e o poema ‘Receita para cociñar en outono en familia’ mentres que María García alzouse gañadora coa receita ‘Agarimo de marmelo aos tres sabores con castañas’ e o poema ‘Raíces’.
O obxectivo desta iniciativa é que cada persoa participante saque o cociñeiro, cociñeira, escritor ou escritora que leva dentro, poñendo en valor os produtos de outono á vez que se dinamiza a lectura e a escritura.
A receita/poema gañadora en cada categoría recibirá un agasallo, que será entregado na B.P.M. “Casa Habanera”.
0 Comments
Leave A Comment