Desde o venres 31 de maio ata hoxe, domingo 2 de xuño, Guitiriz foi a sede galega da fase previa do Campionato de España sub-10 de fútbol sala.
No torneo participaron catro equipos: Colexio Luther King (Canarias), CDE Campo de En Medio (Cantabria), Real Sporting de Gijón SAD (Asturias) e IES Coruxo (Vigo).
Ao remate do torneo a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, entregáronlle uns agasallos aos representantes dos conxuntos participantes.
Resultados:
Nos partidos do venres:
IES Coruxo 1-8 Real Sporting de Gijón
Luther King 5-4 CDE Campo de En Medio
Sábado
IES Coruxo 13-2 CDE Campo de En Medio
Real Sporting de Gijón 17-0 Luther King
Domingo:
IES Coruxo 8-0 Luther King
Real Sporting de Gijón 13 – 0  CDE Campo de En Medio