O próximo mércores 26 de xuño terá lugar a clausura dos Xogos da Primavera 2024, a partir das 16 horas.

Levarase a cabo o II Open da Ra, e tamén se presentará ‘Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida’ da man da Observatorio do Patrimonio lúdico Galego. Contaremos con xogos tradicionais para o desfrute da veciñanza.

Para poder participar no II Open da Ra é necesario realizar inscrición xa que se conta con prazas limitadas, para elo poderase facer desde o 12 ata o 21 de xuño, na biblioteca municipal de Guitiriz situada na Casa Habanera.