O Concello de Guitiriz oferta de novo as clases de baile para persoas maiores de 50 anos. Esta proposta comezará o próximo martes 15 de outubro e celebrarase todos os martes e os xoves ás 18 horas no ximnasio do IES Poeta Díaz Castro.

As persoas que desexen participar poden anotarse ata o 10 de outubro ou ben ata completar aforo. O prezo da inscrición varía entre os 15 e os 17 euros.

As consultas e inscricións poden facerse de xeito presencial na casa do concello ou ben a través da sede electrónica municipal (guitiriz.sedelectronica.gal).

MODELO SOLICITUDE

ANEXO I – DOMICILIACION