O Concello de Guitiriz abrirá mañá, mércores 6 de novembro, e ata cubrir os ocos, o prazo para solicitar algunha das prazas vacantes nas diferentes disciplinas das Escolas Deportivas Municipais para esta temporada 2024/25.

Son as seguintes:

PILATES

• GRUPO 5 (luns e mércores de 18 a 19 horas, CEIP Santo Estevo Parga): 1 praza.

• GRUPO 7 (luns e mércores de 19 a 20 horas, CEIP Santo Estevo Parga): 1 praza.

XIMNASIA ADULTOS

• GUITIRIZ GRUPO 2 (martes de 12.15 a 13.15 e venres de 10.15 a 11.15 horas, Casa Barxa): 4 prazas.

ZUMBA INFANTIL

• Luns e mércores de 19 a 20 horas, ximnasio IES Poeta Díaz Castro: 10 prazas.

PATINAXE

• GRUPO GUITIRIZ (martes de 16.15 a 18 horas, pavillón IES Poeta Díaz Castro: 1 praza.

PÁDEL

• GRUPO 1 (luns de 18 a 19 horas, nacidos/as 2016, 2017, 2018): 2 prazas. • PÁDEL GRUPO 3 (martes de 18 a 19 horas, nacidos/as 2012, 2013, 2014, 2015): 1 praza.

• GRUPO 4 (martes de 19 a 20 horas, nacidos/as 2009, 2010, 2011): 2 prazas.

• GRUPO 5 (mércores de 18 a 19 horas, nacidos/as 2008 e anteriores): 2 prazas.

NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA CUBRIR AS VACANTES:

O prazo abre o mércores 6 novembro, ás 8.30 horas, e irá rematando a medida que se vaian cubrindo as prazas vacantes ofertadas.

INSCRICIÓNS:

Pola sede electrónica ou de forma presencial no rexistro do Concello.

PRAZAS:

Admitidas por rigorosa orde de entrada no rexistro

Descarga o documento aquí.