A Escola Habanera de Guitiriz acollerá unha nova tarde de bailes o domingo 17 de novembro. Será de 17:00 a 20:00 horas e a actividade non precisa de inscrición previa.
Nesta sesión de baile dominical haberá tamén unha doce merenda e diversos xogos de mesa, pensados para todos aqueles que prefiren non bailar pero queren pasar unha tarde entretida en boa compañía. Así, e aínda que a música será a gran protagonista, esta sesión tamén contará con xogos de cartas, parchís e dominó.
A actividade está destinada a un público xeral.
0 Comments
Leave A Comment