O Concello de Guitiriz organiza outro ano máis un mercadiño de troco de libros para o luns 30 de decembro. Esta iniciativa encádrase dentro das actividades que completan a programación de Nadal.
O mercadiño de troco de libros terá lugar o luns 30 de decembro na Biblioteca Pública Municipal situada na Escola Habanera, nun espazo reservado para ese fin en horario de 11 a 13:30 horas e de 16:30 a 19 horas.
Eses días as persoas interesadas poderán intercambiar os libros que desexen, ata un máximo de 10. Poden levarse ata o 19 de decembro, en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas, para así poder rexistralos e etiquetalos. Deberán estar en bo estado, non poderán estar despegados nin con follas rachadas.
Por cada libro entregado as persoas participantes recibirán un vale para cambialo por calquera outro do mercadiño que lles interese. Haberá diferentes categorías: infantil e xuvenil, divulgación, cómics e ficcións.
0 Comments
Leave A Comment