O Concello de Guitiriz continúa cos actos de conmemoración do 8M, Día da Muller, e faino organizando un obradoiro de creación de xabóns artesanais cos que pretende homenaxear a diferentes mulleres galegas relevantes.
A actividade dividirase en dúas sesións, ambas na Escola Habanera: a primeira o venres 28 de marzo ás 18:30 horas, na que se elaborará e preparará o envase; e a segunda o sábado 29 de marzo ás 11:30 horas, na que se envasará o xabón. As prazas son limitadas polo que para participar é obrigatorio anotarse, ata o 26 de marzo, de xeito presencial no concello ou no teléfono 982 370 109.
Para a realización do envasado dos xabóns utilizarase a imaxe das diferentes mulleres galegas que se están visibilizando, durante todo o mes de marzo, nas redes sociais municipais (Celia Rivas Casais, Ana Kiro, Carmen Avendaño, Antía Cal, María e Uxía Domínguez, Ángela Rodicio…). Cada participante poderá escoller a muller á que desexa darlle visibilidade e preparará a etiqueta do xabón coa súa vida e obra.
0 Comments
Leave A Comment