O Concello de Guitiriz continúa realizando anuncios con vistas á VIII Festa da Torta de Millo de Guitiriz, que se celebrará o próximo 1 de xuño. Logo da confirmación dos concertos que haberá no evento, que correrán a cargo de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e A Banda da Loba, agora é a quenda de presentar o cartel oficial.

Nas próximas semanas irase revelando máis información e a programación ao completo, así como tamén será a presentación oficial do evento.