A Festa dos Xubilados e Xubiladas do Concello de Guitiriz reunirá o próximo xoves, 22 de maio, a 525 participantes na que promete ser unha xornada cargada de moita diversión.
O evento dará comezo ás 14:00 horas no Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz, que acollerá a celebración desta tradicional cita destinada ás persoas de máis de 65 anos do municipio. As e os asistentes poderán gozar dun xantar en familia no que non faltarán a música, o baile e a boa compañía.
0 Comments
Leave A Comment