O Concello de Guitiriz abre este venres, 23 de maio, o prazo para anotarse na excursión organizada por Lucsa Viaxes a Baiona-Virxe da Roca e Fortaleza, na que colabora o propio Concello. Está programada para o próximo 12 de xuño e será de día completo, con saída ás 8:00 horas desde o Campo da Feira e regreso ás 21:00 horas.

As inscricións estarán abertas ata o próximo 6 de xuño e teñen un prezo de 50 euros, no que se inclúe o transporte en autobús, o almorzo e o xantar, composto este último por arroz caldoso, bacallau, sobremesa e café.

As prazas son limitadas e pódense formalizar de xeito presencial na Oficina de Turismo do Concello de Guitiriz. Será preciso que se anoten un mínimo de 40 persoas para que se poida realizar a viaxe e terán preferencia os empadroados.

Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 982 37 01 09.