A Escola de Música Municipal de Guitiriz organiza un campamento musical a finais do presente mes de xuño. Terá unha duración de catro días, estando programado para o 25, 26, 27 e 30 de xuño, con horario de 10:00 a 13:00 horas todas as xornadas. O campamento celebrarase na propia Escola de Música Municipal.

Nesta iniciativa, pensado para a cativada dos 3 aos 12 anos, haberá arte, danza, deporte, xogos e, como non podía ser doutro xeito, música. Conta con prazas limitadas, polo que será preciso realizar unha reserva previa mediante o pago dunha cota de 25 euros, ademais de enviar o xustificante de pago ao número de teléfono 628 63 15 57 a través da aplicación WhatsApp.

Para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto no teléfono anteriormente citado.