Novas

17 XuñRenovación de praza na Escola de Música Municipal para o curso 2025/2026


O prazo para renovar a matrícula na Escola de Música Municipal de Guitiriz para o curso 2025/2026 estará aberto desde mañá, mércores 18 de xuño ás 8:30 horas, ata o luns 30 de xuño. Este prazo será unicamente para a renovación da praza na Escola de Música, para os alumnos e alumnas que estiveron matriculados ou matriculadas neste último curso. Posteriormente, e unha vez que acabe o prazo, abrirase outro para as novas solicitudes de matrícula que se anunciará proximamente.

Ofértanse as seguintes disciplinas:

  • Iniciación musical (de 3 a 7 anos).
  • Instrumento e Linguaxe Musical (a partir de 8 anos).
  • Banda Municipal.
  • Agrupación Moderna.
  • Grupo Municipal de Gaitas.
  • Agrupacións para adultos.

As inscricións poderanse formalizar pola Sede Electrónica ou de xeito presencial no Rexistro do Concello de Guitiriz. Para máis información, na Casa do Concello ou chamando ao 982 37 01 09.

SOLICITUDE MATRÍCULA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA 2025-2026


0 Comments

Leave A Comment

Deixa unha resposta