A Aula CeMIT de Guitiriz amplía o prazo de inscrición nos campamentos dixitais de verán para a mocidade. As inscricións estarán abertas ata o luns 30 de xuño, pero xa están esgotadas as prazas para o mes de agosto, quedando vacantes para a quenda do próximo mes de xullo. Esta quenda será entre os días 14 e 24 de xullo, en horario de 10:30 a 13:30 horas.

Trátase dunha actividade organizada en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios na que os e as asistentes aprenderán sobre competencias dixitais. A formación é completamente de balde e está destinada á rapazada de entre 9 e 13 anos. As prazas son limitadas e a inscrición poderase realizar a través do correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal ou no teléfono 982 37 00 62.

Máis información sobre os campamentos na seguinte ligazón:

https://concellodeguitiriz.com/a-aula-cemit-acollera-un-campamento-dixital-para-a-mocidade-durante-os-meses-de-veran/