Xa están á venda os bonos para a piscina municipal. Poderanse mercar unicamente na Casa do Concello, realizando o pago por medios telemáticos. Na propia piscina só se poderán adquirir entradas diarias.

Ademais, lembramos que a piscina municipal abrirá este venres, 27 de xuño, a partir das 14:00 horas. Podedes consultar todos os horarios na seguinte ligazón:

https://concellodeguitiriz.com/horarios-de-veran-da-piscina-municipal-de-guitiriz-en-2025/