O Concello de Guitiriz abrirá este venres, 19 de setembro, o prazo de inscrición da sétima edición do Taller de Cantería. A actividade conta con prazas limitadas, tendo preferencia as persoas empadroadas.

As matrículas estarán abertas ata o martes 30 de setembro, podéndose formalizar a través da sede electrónica municipal (guitiriz.sedelectronica.gal/info) ou no Rexistro Xeral do Concello a partir deste venres ás 8:30 horas.

O curso realizarase todos os sábados en horario de 10:00 a 13:00 horas, iniciándose o 10 de outubro e estendéndose ata o mes de maio do próximo ano 2026.

FICHA DE INSCRICIÓN TALLER DE CANTERÍA 2025.26