O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro luns, 29 de setembro, o prazo para anotarse no Taller Estimulación Cognitiva e da Memoria. Nesta proposta, realizaranse actividades de atención, ximnasia cerebral, concentración, memoria e lóxica.

As inscricións estarán abertas ata o venres, 10 de outubro, ou ata completar as prazas dispoñibles. Para anotarse, basta con acudir de xeito presencial ao Concello ou presentar a inscrición a través da Sede Electrónica municipal.

En total haberá dous grupos. Un en Guitiriz, que será os venres a partir do 17 de outubro na Escola Habanera ás 11:30 horas, e outro en Parga, que será os xoves a partir do 16 de outubro na Escola das Nenas (Campo da Feira) ás 11:00 horas.