O Concello de Guitiriz abriu hoxe, luns 27 de outubro, o prazo para anotarse no ‘III Torneo de Parchís’, que se celebrará na Biblioteca Pública Municipal, na Escola Habanera, o sábado 8 de novembro.
As inscricións estarán abertas ata o 6 de novembro e pódense formalizar na biblioteca, tanto de xeito presencial como chamando por teléfono ao 982 370 062. As prazas son limitadas.
O torneo celebrarase de 17:00 a 19:30 horas, aproximadamente, e está aberto a todas as idades, aínda que os menores terán que ir acompañados dunha persoa adulta.

0 Comments
Leave A Comment