A Escola Habanera do Concello de Guitiriz acollerá o vindeiro luns, 8 de decembro, unha foliada solidaria organizada polo grupo de pandereteiras Na Casa Zoqueiro. A iniciativa, que conta coa colaboración do Concello, ten por obxectivo recadar alimentos e donativos para as familias máis necesidades do municipio.

O evento está programado a partir das 17:00 horas e conta con entrada libre e gratuíta para toda a veciñanza. Haberá actuacións musicais e moito baile. Ademais, quen o desexe poderá levar o seu propio instrumento e sumarse á música e ao ambiente festivo da xornada.

Durante a foliada realizarase unha recadación benéfica de alimentos non perecedeiros, así como de donativos económicos, que irán destinados a apoiar ás familias máis necesitadas do municipio.

Todas as achegas recollidas serán xestionadas polo departamento de Benestar Social do Concello de Guitiriz, garantindo así a súa correcta distribución.