Dona Marisol Morandeira Morandeira, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Guitiriz (Lugo)

FAI SABER

Que a Delegación Provincial da Xunta de Galicia en Lugo (Deposito Legal) informa do seguinte:

«Segundo a normativa en vigor os carteis das distintas festas que se celebren teñen que ter un Número de Depósito Legal.

O procedemento para sacar o número de Depósito Legal é o seguinte:

Antes de imprimir os carteis, o presidente da comisión mandará unha solicitude con nome, apelidos, domicilio, CP, DNI, teléfono e un e-mail, ao correo cau periferico@xunta.gal, onde lle darán un nome de usuario/a e unha contrasinal de acceso a plataforma, para desde alí sacar o número de depósito legal que colocará nos carteis.

Posteriormente enviará TRES EXEMPLARES FÍSICOS a dirección:

DEPOSITO LEGAL

Avda. Ramón Ferreiro, 23

27002 Lugo

Teléfono: 982 29 42 50»