O Concello de Guitiriz acollerá a finais do mes de maio a primeira edición do Torneo de Pádel Concello de Guitiriz, unha iniciativa impulsada pola Escola Deportiva Municipal coa colaboración do propio Concello.

A competición desenvolverase os días 29, 30 e 31 de maio nas instalacións deportivas municipais, converténdose nunha nova cita para fomentar a práctica deportiva e a convivencia entre afeccionados ao pádel.

O torneo contará cunha categoría única, o que permitirá a participación de parellas masculinas, femininas e mixtas, promovendo así un evento inclusivo e aberto a todos os públicos. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 26 de maio a través do número de WhatsApp 680 88 96 69. O custo da inscrición será de 10 euros por persoa.

A inscrición inclúe un pack de benvida, a garantía de disputar un mínimo de dous partidos, así como pelotas e auga para o desenvolvemento dos encontros.

En canto aos premios, haberá recoñecementos para as dúas primeiras parellas do cadro principal e tamén para as dúas primeiras do cadro de consolación.