Aula CeMIT de Guitiriz abre o prazo para participar na xincana tecnolóxica “Buscando ao rei”, actividade que nace coa finalidade de dar coñecer e poñer en valor a contorna do Concello de Guitiriz e utilizar as novas tecnoloxías como medio de integración e comunicación.
Estes obradoiros tamén buscan formar á veciñanza no uso do novo equipamento disruptivo: drons, impresora 3d e o kit Wonder Building Kit con micro:bit V2.
A actividade levarase a cabo na Casa Habanera e na aula CeMIT no mes de setembro, durante os días 5, 6 e 7, e contará con dúas quendas. A de mañá, en horario de 10:00h a de 12:00h e a de tarde, de 16:30h a 18:30h.
Requisitos
Para poder participar é necesario facelo por parellas formadas por un menor con cunha idade comprendida entre os 7 e 12 anos e un adulto, este último que conte con competencias dixitais básicas.
As prazas serán limitadas en cada día e por quenda a catro parellas. Tan só se poderá participar nun día e quenda.
Premios
A actividade contará con premios, polo que entre todas as parellas participantes realizarase un sorteo dunha consola de videoxogos retro e un xogo de cartas familiar.
Para anotarse
As persoas interesadas en anotarse deberán enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.guitiriz@xunta.gal, indicando no asunto “Buscando ao rei”, nome completo de cada participante, idade, DNI, un teléfono de contacto, día e quenda na cal se quere participar. Tamén se poderán anotar chamando ao 982 37 00 62.
O prazo de inscrición remata o xoves, 31 de agosto.
0 Comments
Leave A Comment