A aula CeMIT do Concello de Guitiriz proporciona formación no ámbito Tecnoloxías da información e comunicación (Tics) dirixida a Pemes e os seus traballadores e traballadoras do Concello. Un curso sobre a Administración electrónica que ven da man do Colexio Profesional de Enxeñería Técnia en Informática de Galicia (CPETIG) impartido de maneira combinada:
Sesións formativas dinámicas e participativas co formador en directo, que irán acompañadas de fichas con actividades prácticas. De maneira complementaria, haberá contidos formativos complementarios para poder acceder á formación en calquera momento.
FORMATO E DURACIÓN
8 sesións de 2h cada unha. Todas as sesións serán retransmitidas en liña. O alumnado pode realizar o curso completo, ou ben calquera das súas partes.
TEMÁTICAS:
Sesión I – As sedes electrónicas e como identificarse ante á Administración- data: 13 Setembro: 18:00 a 20:00h
– Principais sedes electrónicas da administración.
– Alta e xestión de Chave365
– Alta e xestión de Cl@ve
– Obtención de certificado de FNMT
– Identificación nas sedes electrónicas
Sesión II- O DNI electrónico e a sinatura dixita l- Data: 15 Setembro: 18:00 a 20:00h
– Configuración do DNI electrónico nun ordenador.
– Configuración do DNI electrónico no móbil.
– Aplicacións do DNI electrónico.
– Introducción sobre aspectos legais da firma electrónica.
– A aplicación Autofirma
– Asinando documentos co meu certificado
Sesión III – A sede electrónica da Xunta de Galicia – Data: 20 Setembro: 18:00 a 20:00h
– Introdución: identificarse ante á Administración
– O meu expediente
– Consulta e presentación de trámites.
Sesión IV e V – Trámites tributarios – Data: 22 e 27 Setembro: 18:00 a 20:00h
– Portais da Axencia Tributaria estatal (AEAT) e autonómica (ATRIGA).
– AEAT: consulta do meu borrador, presentación de declaracións, notificacións, os meus datos fiscais.
– ATRIGA: trámites e impostos, pago de taxas, valoración de bens, valoración de vehículos, pago de multas
Sesión VI – Trámites xerais coa administración – Data: 29 Setembro: 18:00 a 20:00h
– Principais sedes electrónicas: INSS, Catastro, Concellos, DGT, IGVS
– INSS: modificar os meus datos, consulta da miña vida laboral, certificado de prestacións, tarxeta sanitaria europea.
– Catastro: consulta de bens e inmobles, descarga de certificados.
– Concellos: certificado de empadroamento, recibos
– DGT: pago de multas, o meu permiso de conducir, o meu vehículo.
– IGVS: depósito de fianza de aluguer.
Sesión VII: A miña É-Saude – Data: 04 outubro: 18:00 a 20:00h
– Xestionando ó acceso a é-saúde.
– Solicitar cita co meu médico.
– A miña historia clínica
– Obtención de certificados
Sesión VIII: Notificacións da administración- Data: 06 outubro: 18:00 a 20:00h
– Notifica.gal
– DeH
Prazo para realizar a presinscrición: ATA O VENRES 9 DE SETEMBRO
Para anotarse: No WhatsApp: 606325597 ou no correo electrónico: cemit.guitiriz@xunta.gal
Nota importante: para poder realizar o curso é necesario contar cun mínimo de persoas. O curso é gratuíto. Se non se cubren as prazas con traballadores, pode participar a poboación xeral.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
0 Comments
Leave A Comment