A biblioteca pública municipal de Guitiriz acollerá o próximo xoves 5 de setembro a presentación do libro ‘O pracer da chuvia’, coa presenza do seu autor, Manuel Vázquez.
O acto será ás 20:00 horas na Casa Habanera e contará coa asistencia da alcaldesa do municipio, Marisol Morandeira, e dos tamén escritores Alfonso Blanco Torrado e Marica Campo, que acompañarán ao autor durante a presentación do seu libro. Ademais, o acto estará amenizado por unha actuación de danza a cargo de Marta Cuba.
‘O pracer da chuvia’ é a primeira novela do autor lucense Manuel Vázquez, na que mistura a defensa e a reivindicación do rural co carácter urbano. Ademais, conta cun prólogo de Xesús Trashorras.
0 Comments
Leave A Comment