Mediante xogos e actividades didácticas, o autobús de ‘Generación D’, busca desenvolver e mellorar as competencias dixitais da poboación, así como de aprender a sacar partido das oportunidades da dixitalización e novas ferramentas.
Cunha unidade móbil equipada con tecnoloxía inmersiva, créase unha experiencia personalizada e única para cada usuario, adaptada ao seu nivel de coñecementos. As actividades son totalmente gratuítas e teñen unha duración aproximida de entre 30 ou 40 minutos.
Ademais, co fin de impulsar á participación nesta iniciativa, obteranse puntos por cada persoa que interactúe co autobús. A localidade que máis puntos consiga, recibirá un premio.
A campaña ‘Generación D’ ten na súa ruta ao Concello de Guitiriz desde hoxe ata o 28 de xullo. Para poder participar neste proxecto, tan só tes que acudir ao autobús no seguinte horario:
- 26 de xullo. De 17:00 a 20:30 horas.
- 27 e 28 de xullo. De 12:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas.
0 Comments
Leave A Comment