A Casa Habanera de Guitiriz acollerá durante os meses de agosto e setembro, en horario de 9:00 a 14:00 h, a exposición fotográfica “Eternidade” de Roxelio P. Moreira.
‘Eternidade’ é unha exposición fotográfica que representa instantes aleatorios dese sempiterno latexar do mundo no que devalan a natureza e a paisaxe. Nas fotografías pódense apreciar o transcorrer dos días, da vexetación, das mareas, das nubes e mesmo intúese, sen ser explícito, o noso propio devalar.
Roxelio Pérez Moreira é o Director dos Cursos de Verán sobre Paisaxe, da Universidade de Santiago, que cada ano se celebran Guitiriz.
A fotografía da Natureza e da Paisaxe é unha das actividades que desenvolveu desde sempre, de xeito que as súas fotos acompañaron ás súas tarefas docentes ou divulgativas, nas súas clases ou nos seus libros, artigos, conferencias ou amosadas en exposicións, como esta que acolle agora a Casa Habanera de título ‘Eternidade’.
A entrada para esta actividade é de balde.
0 Comments
Leave A Comment