A mañá do vindeiro venres, 4 de agosto, os nenos e nenas poderán desfrutar dunha xornada chea de diversión grazas ás dúas actividades que acollerá a Casa Habana a partir das 11:30 horas.
Por unha parte desenvolverase ‘Aitana e a avoa’, onde a rapazada mergullarase nas cancións e xogos de tradición oral, tal e como facían as súas nais e avoas.
Por outro lado, poderán desfrutar de ‘Outros contos violetas’, o cal é un compedio de libros e álbums ilustrados que axudan a visibilizar os vínculos amorosos que forxamos dende pequenas ou romper estereotipos con ‘Princesas que soltan peidos’.
As actividades están deseñadas para nenos e nenas a partir de 3 anos, e o público familiar en xeral. A súa entrada é libre, ata completar aforo e de balde.
0 Comments
Leave A Comment