A partir de hoxe, 3 de maio, estará aberta ao público na casa Habanera de Guitiriz a exposición “O CASTRO, TAMÉN NA ORIXE DA LIXG (LITERATURA INFANTIL E XUVENIL GALEGA)”, organizada por GÁLIX, co patrocinio da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello Guitiriz para conmemorar o centenario de Isaac Díaz Pardo.
O obxectivo da exposición é lembrar o papel de Isaac Díaz Pardo, a través da editora Edicións do Castro, no desenvolvemento do libro infantil e xuvenil galego.
A exposición poderá visitarse ata o 31 de maio no seguinte horario:
MAÑÁ: LUNS A VERNES: 10:00h a 14:00 horas.
TARDE: LUNS A XOVES: 16:00h a 18:00 horas.
0 Comments
Leave A Comment