A Escola de Música municipal de Guitiriz organiza o campamento de verán ‘Medrando coa música’, unha iniciativa que combina o aprendizaxe, o ocio e a conciliación e que está dirixida a nenas e nenos de 5 a 12 anos.
O campamento musical levarase a cabo do 25 ao 28 de xuño, en horario de 10 a 14 horas, aínda que existe a posibilidade de facer a entrada ás 9 horas.
A inscrición é gratuíta para as persoas empadroadas en Guitiriz e as prazas son limitadas, cun máximo de 33 participantes. O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de xuño e poderá formalizarse de xeito presencial na casa do concello ou a través da sede electrónica.
0 Comments
Leave A Comment