A Escola Habanera de Guitiriz acolle a exposición fotográfica ‘A Pedra Seca’, realizada por Xosé Manuel Irimia, do Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA). Trátase dunha exposición sobre o uso que se lle da á pedra seca, un dos elementos do patrimonio arquitectónico popular galego.

Estará dispoñible na Escola Habanera durante todo o mes de xullo, desde o día 1 ao 31, en horario de 9:00 a 14:00 horas.