A Escola Habanera do Concello de Guitiriz acollerá a mostra ‘Fauna esencial’ de Afundación a partir deste xoves 22 de maio. Trátase dunha exposición que chega ao municipio chairego froito da colaboración do Concello coa citada entidade e con Abanca dentro do proxecto Corrente cultural, unha iniciativa de Afundación que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo.
A mostra estará dispoñible para a súa visita ata o 20 de xuño, con entradas completamente gratuítas de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:30 horas e os venres só en horario de mañá.
A exposición está formada por 28 fotografías de gran formato feitas polo naturalista Ezequiel Martínez. Cada imaxe conta cun texto explicativo que recolle datos sobre as diferentes especies, explicando os aspectos máis importantes sobre cada unha delas e creando unha viaxe enriquecedora pola diversidade da nosa fauna.
0 Comments
Leave A Comment