A Escola Habanera de Guitiriz acollerá o Festival musical de Santa Icía o domingo 24 de novembro. O evento dará comezo a partir das 18:30 horas e contará coa participación de diversas agrupacións musicais.

Actuarán a Pre Banda e a Banda Municipal de Música de Guitiriz, os membros da UNED Senior A Coruña/Guitiriz e o Grupo Municipal de Gaitas de Guitiriz.

O evento está organizado polo Concello de Guitiriz, a Asociación de Músicos da Banda de Guitiriz e a Escola de Música Municipal de Guitiriz.