A Escola Habanera de Guitiriz acollerá unha nova sesión de baile o domingo 1 de decembro. Será de 17:00 a 20:00 horas.

Nesta ocasión volverá a haber unha doce merenda para todos os asistentes e xogos de mesa, destinados a todos aqueles que prefiran non bailar pero que queiran pasar unha tarde en boa compañía.

A actividade está destinada a un público xeral e non precisa de inscrición previa.