A Escola Habanera do Concello de Guitiriz acollerá unha nova sesión de contacontos o mércores 3 de setembro. Nesta ocasión, será a quenda de ‘Frumario o bibliotecario’, programado para as 11:30 horas.
Trátase dunha proposta diferente na que a cativada poderá descubrir os segredos máxicos que se esconden nos andeis da biblioteca. Haberá dinámicas e escenas de fantasía, asombrosas narracións, poesía e música. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.
A entrada será gratuíta para todos os interesados ata completar o aforo dispoñible.
Esta iniciativa forma parte do programada Ler Conta Moito, o programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.
0 Comments
Leave A Comment