A Escola Habanera do Concello de Guitiriz conmemora o Día das Bibliotecas 2025 cunha actividade especial: un escape room titulado ‘Misterio no laboratorio de Hogwarts’, inspirado na famosa saga de Harry Potter.
A actividade terá lugar este venres, 24 de outubro, en horario de 18:15 a 19:15 horas. Trátase dunha iniciativa de balde, pero conta con prazas limitadas, polo que será necesario realizar unha inscrición previa. O prazo para anotarse remata o xoves, 23 de outubro. As inscricións pódense formalizar de xeito presencial na Biblioteca Pública Municipal ou chamando ao teléfono 982 37 00 62.
A proposta está destinada a nenos e nenas en idade escolar. Os menores de 8 anos deberán asistir acompañados dunha persoa adulta. Todos os participantes recibirán un doce agasallo como recordo da xornada.
0 Comments
Leave A Comment