A Casa Habanera do Concello de Guitiriz acollerá, desde o luns 10 de outubro ata o venres 16 de decembro, a exposición ‘A pedra coa mirada de Ramón Villar’, o canteiro de Pardiñas.
Hoxe, venres 7 de outubro, tivo lugar a inauguración oficial da mostra, na que participou a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e o escultor Ramón Villar. Estivo amenizada polo grupo de pandeiretas ‘Na Casa Zoqueiro’, de Guitiriz. O acto estivo cargado de emoción, sobre todo cando se proxectou un vídeo do presidente da Asociación Cultural Xermolos, Alfonso Blanco, que lle dedicou unhas palabras ao artista.
Ramón Villar Gómez, escultor, neto e fillo de canteiro, iniciase no arte da pedra de maneira tardía e autodidacta. Atráenlle as pedras duras e complicadas de traballar. Con elas exprésase perfectamente. A natureza, a auga ou as aves da súa comarca chairega son a súa principal fonte de inspiración. Tamén personaxes como os músicos ou os “santiños” de devoción popular. Parte da súa recoñecida e recoñecible obra, chea de expresividade, adorna algúns das paraxes do Concello de Guitiriz.
0 Comments
Leave A Comment