O pasado domingo 1 de setembro tivo lugar a KDD X Aniversario de Btteiros Cova da Serpe, organiza polo club do mesmo nome e o Concello de Guitiriz. Durante esta xornada celebráronse dúas rutas diferentes, unha de de 29 quilómetros e outra de 41, adaptándose aos diferentes tipos de participantes.

O evento do décimo aniversario do club congregou en Guitiriz a máis de 100 persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia. Os participantes puideron gozar das pistas e sendeiros da zona do Pantano de San Xoán, nunha xornada cunha meteoroloxía ideal para a práctica do ciclismo.

Tras o remate das rutas, os asistentes puideron compartir opinións e anécdotas relacionadas coa súa grande paixón, as rutas en bicicletas, nun brindis e unha comida, pasando un rato agradable en boa compañía.