Este domingo, 29 de xuño, volve o programa ‘Guitiriz en Ruta’ coa Ruta da Cova da Serpe, que será a última antes da pausa polo verán dentro desta iniciativa de sendeirismo organizada polas Escolas Deportivas Municipais e o Concello.

Nesta ocasión, a andaina conta cun percorrido circular duns 12 quilómetros aproximadamente, coa saída programada ás 10:00 horas desde a Igrexa das Negradas. O obxectivo desta saída é visitar a Cova da Serpe, que é o punto máis elevado do Concello de Guitiriz, contando cunhas impresionantes vistas aos arredores. Finalmente, e xa sobre as 14:00 horas, rematará o percorrido no mesmo punto da saída.

As inscricións estarán abertas ata este xoves 26 de xuño ás 15:00 horas, podendo formalizarse de xeito presencial no Concello ou chamando por teléfono ao 982 37 01 09. Como é habitual, a ruta é aberta ao público en xeral, pero os menores terán que ir acompañados dunha persoa adulta.

É recomendable levar calzado cómodo, así como un peza de froita e auga, tendo en conta sobre todo as temperaturas habituais nesta época do ano.