O pasado domingo, 27 de abril, celebrouse a segunda saída da sétima edición do programa ‘Guitiriz en Ruta’: a Ruta do Río Mera, en Lugo, que foi a primeira andaina desta edición fóra do concello de Guitiriz.

En total, participaron 35 persoas neste percorrido de 12 quilómetros con saída e chegada na praza do Campo da Feira. Os e as participantes percorreron nunha estupenda mañá para o sendeirismo os arredores da cidade Lugo, comezando polo río Mera, seguindo cunha subida ó mirador de Pedras no monte Penarrubia e volvendo polos bosques máxicos do monte Segade.

A próxima saída do ‘Guitiriz en Ruta’ está programada para o domingo 11 de maio, cun percorrido polos camiños de Caión (A Laracha).