O domingo 2 de xuño celebrarase a VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz. O evento, que terá lugar no Campo da Feira, contará cunha programación na que destacan, ademais da degustación e venda do doce tradicional do municipio, a música, obradoiros, exposicións, xogos populares e exposicións, pulpeira…
A programación da sétima edición da Festa da Torta de Millo inclúe, como é habitual, os concertos. Nos próximos días daranse a coñecer os artistas que participarán nesta edición.
Por suposto, os protagonistas serán os tres establecementos artesáns de Guitiriz que preparan a torta: Panadería David, Pastelería Gómez e Panadería La Esquina.
Na mesma semana da festa o Concello realizará o acto de presentación oficial.
0 Comments
Leave A Comment