Serán 270 persoas as que participarán este domingo, 27 de agosto, na VII Ruta MTB Cova da Serpe, unha proba organizada conxuntamente polo Concello de Guitiriz e o Club Btteiros Cova da Serpe.
O acto de presentación do evento tivo lugar hoxe, xoves 24 de agosto, no recinto do Iberik Gran Balneario de Guitiriz & Golf e participaron a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz Nieto,; o presidente do Club Btteiros Cova da Serpe, Marcos Rego, e o tesoureiro do club, Rubén Paredes.
A alcaldesa agradeceulle á Federación Galega de Ciclismo “que sempre se implique con nós e cos Btteiros” e animou “a todo o mundo a que veña e que, ademais de desfrutar da proba, o faga do noso pobo en xeral e das instalacións deste balneario no que hoxe estamos en particular”.
Pola súa parte, Juan Carlos Muñiz destacou “o bo facer do club, polo gran traballo que levan a cabo na organización deste tipo de rutas, que poñen en valor a riqueza paisaxística do seu territorio e o dinamizan”. “Esta será a última proba do circuíto galego de BTT maratón, onde se van repartir os maillots que están por desputar”.
Marcos Rego salientou que “para esta sétima edición fixemos unhas pequenas variación no percorrido” e lembrou que “como todos os anos, pasaremos polos lugares máis emblemáticos do municipio”.
Dúas modalidades de ruta e unha andaina
Nesta edición repítese o formato do ano pasado, con dúas modalidades: a puntuable para a Copa Galicia XCM, que consta de 84 quilómetros e 1.900 metros de desnivel, e as tradicionais Rutas Cicloturistas, unha larga de 84 quilómetros e 1.900 metros de desnivel, unha media de 58 quilómetros e 1.300 metros de desnivel e outra curta de 46 quilómetros e 800 metros de desnivel. A saída está prevista para as 9 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz.
Dispositivo especial de tráfico
Pola celebración da VII RUTA MTB COVA DA SERPE, a Praza Campo da Feira e na Rúa do Mercado, estará cortada a circulación o domingo 27 de agosto dende ás 7:30h ata ás 17:00h e estará prohibido aparcar no marxe dereito dirección Sesulfe da Rúa Río Forxá dende o Sábado 26 ás 19:00h ata o domingo 27 ás 17:00h.
0 Comments
Leave A Comment