O Concello de Guitiriz vén de abrir a inscrición para unha nova edición do seu programa ‘Aula da Calma’, que conta con modalidades para diferentes tramos de idade, desde os 6 aos 29 anos.
As persoas interesadas poden participar en ‘Aula da Calma nen@s’ (de 6 a 12 anos), ‘Aula da calma transformando-ME’ (DE 13 a 17 anos) e ‘Aula da Calma Atopando-ME’ (de 18 a 29 anos). As inscricións poden formalizarse de forma presencial na casa do concello ou telemática na sede electrónica, ata completar aforo (deberá haber un mínimo de 8 participantes).
O obxectivo deste programa varía segundo a modalidade, coa idea xeral de ensinar a manexar a ansiedade, o estrés e a frustración, axudando a buscar a calma. Todo isto a través do ioga, o xogo, mindfullness, medicación, técnicas de relaxación…
Horarios Aula da CALMA AGOSTO
- Infantil: Venres ás 11
- Transformando ME Adolescentes: Martes ás 12
- Atopando ME Xuvenil: Martes e Xoves ás 10:30
0 Comments
Leave A Comment