O Concello de Guitiriz, en colaboración coa Comunidade de Montes San Estevo de Parga e a Asociación Cultural Medioambiental Pardiñas abre hoxe, luns 5 de setembro, e ata o 28 do mesmo mes o prazo de inscrición para a quinta edición do taller de cantería.
Esta actividade, que se impartirá todos os sábados de 11 a 13 horas desde outubro ata maio na Casa da Escola de Pardiñas, está dirixida a rapaces e rapazas preferiblemente a partir dos 11 anos de idade e tamén a adultos.
O prezo é de 10 euros ao mes para empadroados e 20 euros ao mes para non empadroados. A inscrición pódese formalizar a través da sede electrónica municipal ou de xeito presencial no Rexistro pedindo cita previa no 982 370 109.
0 Comments
Leave A Comment